Loxística audiovisual para as artes escénicas e musicais, a danza, a imaxe e a comunicación pública

AS CONTAS CLARAS

TRANSPARENCIA CONTABLE

Somos unha empresa comprometida co pais e cos seus recursos polo que nos gusta que saibades como e en que gastamos os vosos cartos.

Neste documento mostrámosvos un extracto das contas xerais de Kachet Loxística Sociedade Anónima do ano 2020. Contas depositadas no Rexistro Mercantil no 2021.

Conta de Perdas e Ganancias de Kachet Loxística S.A. no exercicio do ano 2020

Importe neto da cifra de negocios

345.220,90

Aprovisionamentos

-39.151,49

Outros ingresos de explotación

2.500,00

Gastos de persoal

-109.402,70

Outros gastos de explotación

-125.563,11

Amortización de inmobilizado

-134.024,27

Deterioro do inmobilizado

-18.579,04

Outros resultados

-2.516,72

 

 

A)   RESULTADO DE EXPLOTACIÓN

-44.358,35

B)   RESULTADO FINANCEIRO

-11.97571

C)   RESULTADO DO EXERCICIO

-56.334,06

 

 

 

O ano 2020 foi un ano moi complicado pa nós xa que a pandemia minguou os nosos ingresos en máis do 50% e colleunos cunha inversión importante en novos equipos, amortizacións que supuxeron un 38% da cifra de negocio e que atendemos con créditos ICO e reservas propias. Cun sacrificio considerable por parte do persoal, fomos quen de amortiguar as perdas, baixando os salarios en máis dun 25%.

Aínda así, e cun panorama inédito e desolador para as industrias culturais e creativas, Kachet soamente estivo pechada o tempo que durou o confinamento e os traballadores e traballadoras só tiveron que acollerse ao ERTE nese período.

Ao final do exercicio de 2020 a tesourería da empresa era de 159.955,41 euros.

AS CONTAS CLARAS!!!