Loxística audiovisual para as artes escénicas e musicais, a danza, a imaxe e a comunicación pública

Política de privacidade

En Santiago de Compostela ao 6 de febreiro de 2018

O acceso ao sitio web non supón que o Usuario estea obrigado a facilitar datos de carácter persoal de ningún tipo. 

Cando o Usuario se rexistre ou facilite datos persoais a través do formulario de contacto ou a través do rexistro de usuario para acceder ao espazo de alugueiro, a recollida e o tratamento dos datos persoais levará a cabo de conformidade e en cumprimento cos principios recollidos na normativa de protección de datos e proporcionarase, con carácter previo, a información relativa ao tratamento de datos de carácter persoal e, no seu caso, obterase o consentimento necesario para a incorporación deses datos a ficheiros.

En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e o artigo 13 do Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 infórmase que  Kachet  Loxística, S.A. incorporará os datos facilitados ao ficheiro “CLIENTES”, do que é responsable e cuxa finalidade é a “Xestión de clientes”. O que facilite datos de terceiros obterá destes o consentimento necesario para o tratamento dos datos facilitados; así mesmo, o titular dos datos, o seu titor ou representante legal que os facilita, responde da súa veracidade e autenticidade, considerándose os datos solicitados adecuados, pertinentes, non excesivos e necesarios para unha efectiva prestación do servizo, e unicamente serán comunicados a terceiros prestadores de servizos para o cumprimento de fins directamente relacionados co servizo contratado.

O titular dos datos ten a posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, ademais dos dereitos de supresión, portabilidade e limitación dirixíndose ao titular do ficheiro

Kachet Loxística, S.A. informa aos aspirantes a posto de traballo que envíen o seu currículo a través de correo electrónico ou deste sitio web que os seus datos foron incorporados ao ficheiro relacionado cos recursos humanos da empresa, quen unicamente tratará os datos para futuros procesos de selección e conservaranse durante un período dun ano, encargándose o interesado da súa actualización, exactitude e posta ao día. O candidato pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a empresa na dirección de traballo.

Kachet Loxística, S.A. adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. No suposto de facilitar unha dirección de correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica, o Usuario autoriza expresamente á empresa para o uso desta como medio de comunicación co mesmo, para dar resposta á súa solicitude e/ou consulta. O titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación ante o responsable do ficheiro no domicilio social da empresa ou na dirección de correo electrónico kachet@kachet.net 

REXISTRO DE USUARIOS

O rexistro do usuario esixe que se indiquen os datos de carácter persoal marcados con *. O usuario debe de introducir unha dirección de e-mail que lle identifica e ten que asignar un contrasinal, sendo responsable da súa custodia e bo uso.

O rexistro resulta necesario para que o usuario poida obter orzamentos e realizar operacións de alugueiro.

En todo caso, quen se rexistra declara ser maior de idade e con capacidade para concluír operacións de alugueiro a través deste espazo web, por iso  Kachet  Loxística, S.A. non será responsable nin da falta de capacidade por parte dos usuarios nin das manifestacións falsas que realicen durante o proceso de rexistro e as demais operacións efectuadas neste sitio web.

Ao rexistrarse, manifesta que leu e acepta o contido no aviso legal, nas condicións xerais e na política de cookies e sométese expresamente á política de privacidade.

En caso de calquera conflito atenderase ao disposto nas citadas condicións así como ao disposto nas condicións particulares, constituíndo o acordo completo co usuario. En todo caso Kachet Loxística, S.A. terá dereito de anular o acceso ao sitio e ás funcións inherentes a este rexistro en calquera momento, sen necesidade de preaviso e por calquera motivo sen limitación algunha.