Loxística audiovisual para as artes escénicas e musicais, a danza, a imaxe e a comunicación pública

MÁIS ALÁ DOS 35 METROS

Presentámosvos o noso equipo line array para tiradas longas Kara II, feito en Europa pola prestixiosa marca L-Acoustics.

Un sistema perfecto para unha grande cantidade de eventos e instalacións, capaz de dar resposta ás necesidades dos artistas e produtores máis esixentes. Un equipo polivalente, elegante e potente cunha claridade e nitidez incomparable e unha cobertura inigualable grazas á enseñaría Panflex

Na adquisición deste equipamento investimos máis de 160.000,00 euros, o que supón un gran esforzo nestes tempos pandémicos tan complicados.

Para o seu manexo promovemos un curso para máis de 10 técnicos de son impartido polos nosos  colegas de Take Off Audio

Agardamos que os vosos oídos o disfruten